Venres. 25.09.2020
El tiempo

A hostalería denuncia as mil deficiencias do Porto de Fisterra

Mari Carmen Canosa López e Manolita Rivera denuncian deficiencias no porto de Fisterra e xunta sinaturas que o BNG se comprometeu a levar ao Parlamento Galego
Mari Carmen Canosa López e Manolita Rivera denuncian deficiencias no porto de Fisterra e xunta sinaturas que o BNG se comprometeu a levar ao Parlamento Galego
A hostalería denuncia as mil deficiencias do Porto de Fisterra

O porto de Fisterra e a praza da Ribeira é un dos corazóns da vila, e polo tanto da Costa da Morte. Pero a realidade é que o seu estado de conservación é lamentable. Son innumerables as deficiencias que ten a zona nun porto catalogado coa mesma calificación que o porto de Sanxenxo, pero sen porto deportivo. Unha situación que obriga aos hostaleiros a pagar ata 11.000€ ao ano por unha terraza a pesar de que os servizos sexan absolutamente indecentes.

De aí que a hostalería da zona rebente. Son 13 os bares e restaurantes da zona, que están recadando sinaturas nas que, polo menos, “solicitan a Portos que deixe sen efecto o cobro das taxas de ocupación e exploitación da vía pública” durante este 2020, como fixeron boa parte dos concellos do país, como medida de axuda para superar a crise económica. Piden ademais que o mantemento sexa unha realidade.

Os hostaleiros estouparon cando coñeceron que Portos de Galicia retirou o cobro das taxas entre 14 de marzo e o 11 de maio, cando os establecimentos estiveron pechados. Unha medida que consideran ridícula, lembrando que para algúns (non todos, e iso tamén molesta) teñan que seguir pagando os meses que pechan o establecimento.
Cómpre lembrar que os establecimentos teñen que pagar polas terrazas, doblemente (por mesa, pero tamén por metro cadrado), oscilando os custes entre 6.000€ e 12.000€ cada ano.

Mentres, sofren as consecuencias de realizar unhas estruturas moi fermosas (a lonxa e as cubertas foron realizadas no 94 polo estudo costeiro Creus&Carrasco e recibiron numerosos premios), pero que non teñen mantemento algún e que mesmo teñen algún problema de concepción que provoca pingueiras eternas.

A zona da terraza do Restaurante Alara non ten caida e a auga estancase
A zona da terraza do Restaurante Alara non ten caida e a auga estancase

Negocios familiares

Manolita Rivera e Mari Carmen Canosa López, dos restaurantes Alara e O Peirao (xunto co Maruxía, os únicos 3 que se manteñen abertos todo o ano para dar servizo á veciñanza e ás xentes do mar), son dúas das promotoras desta recollida de sinaturas.

Na maioría dos casos falamos de negocios familiares, que tiran para adiante a pesar das adversidades. “Facemos conta e non dá. Isto é unha ruína, estou seguro de que poucos destes restaurantes son rentables, pero temos que seguir traballando para pagar as hipotecas”, explica un dos traballadores dun establecimento.

Unión

Todo isto está provocando a unión dos establecimentos, que xa mantiveron varias reunións para afrontar a situación de xeito conxunto, e facer piña.

Lamentan, iso si, que ninguén do Concello se una á batalla e guíe á hostalería.

”Zona portuaria: Prohibido o paso”

Prohibida a entrada a persoa allea ao Porto de Fisterra

A situación do porto fisterrán xa é, de por si, contraditoria. Á entrada, a altura da estatua do emigrante, hai un enorme cartel que explica “”prohibido o paso a toda persoa allea á instalación portuaria”. Como é posible que non se permita acceder ao porto se hai restaurantes??

Dende a zona entenden que as malas infraestruturas (os pivotes, as fochancas…) fan que Portos se “lave a mans” con ese cartel, pois xa foron moitos os coches que romperon o carter contra eses pivotes, ou moitas as persoas que caeron nas fochancas, pero con ese cartel líbranse ds responsabilidades.

Deficiencias

Deficiencias do porto de Fisterra

Enumeramos aquí algunhas das deficiencias que atopamos en apenas unha hora de visita ao porto fisterrán:

  • O empedradro, de 2008, está absolutamente irregular, con fochancas na estrada e no medio da praza da Ribeira.
  • Os bolardos son dunha altura irregular, pois non son visibles polos vehículos.
  • As luces inseridas no pavimento non funcionan dende hai anos.
  • A instalación eléctrica é pésima, e cando chove vaise a luz. Se chove na fin de semana, poden pasar tres días sen luz no porto. De aí que os negocios poñan dúas canles de luz, unha propia para cando marcha a luz portuaria. Ademais, a luz portuaria encéndese ás 22:30h, mentres que, por outro lado, se necesitas cambiar unha bombilla da luz de Portos, pode tardar ata 1 ano.
  • Hai pingueiras en case todas as terrazas por falta de mantemento, e nalgún caso por concepción, pois por exemplo a zona da terraza de Alara non ten suficiente pendente e a auga queda estancada.
    Os propios hostaleiros tiveron que colocar uns rieles para que a auga non caese enriba das mesas da terraza.
  • O tellado da lonxa está branco das defecacións das palomas.
  • A antena de Wifi, instalada en 2009 só en 3 portos de Galicia, apenas funcionou 1 ano pero aínda está colocada.
  • A zona portuaria non ten baño público polo que tanto as xentes do mar, como veciños e visitantes teñen que usar os bares.
  • A falta de separación das pluviais e residuais fai que cando chove moito, varias arquetas da zona do Alara salten desbordadas. Unha dentro do baño do propio establecimento, e outra na terraza, que obriga aos traballadores a levantar a tapa para deixar correr a auga.
  • Hai unha vixilanta que vén só dous días á semana.
  • A cámara de seguridade non funciona.
  • A zona do pantalán ten numerables deficiencias: está roto, hai brazos que afunden, non ten luz e auga en todos os puntos… Hai numerosos roubos nas embarcacións.
  • A auga máis pegada á lonxa está sempre sucia, dando unha imaxe malisima aos visitantes.

Novas relacionadas

comentarios