Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Luis Insua encabezará a lista do PP de Fisterra

Luis Insua candidato PP Fisterra
Luis Insua entre Dievo Calvo e Alfonso Rueda
Luis Insua encabezará a lista do PP de Fisterra

Nado en Fisterra no ano 1992, propietario dunha asesoría fiscal, contable e laboral de empresas, ademais árbitro das ligas da Costa, Luís Insua dán un paso adiante e se presenta como candidato do PP á alcaldía de Fisterra nas vindeiras eleccións de maio de 2023.

Asiduos aos mitins “dende os 7 ou 8 anos”, xa participou nalgunha lista do PP con 22 anos, ao igual que nos pasados comicios de 2019, o que lle permitiu, recentemente, entrar a formar parte da corporación local, trala renuncia de Santiago Insua Recamán no pleno do pasado mes de decembro.

Cambio importante así no PP fisterrán, que levaba 6 lexislaturas con José Manuel Traba de candidato.

Máis novas sobre as eleccións

Comentarios