Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Camiño de Fisterra-Muxía podería ser o primeiro en apostar pola calidade

O Camiño de Fisterra-Muxía podería ser o primeiro en apostar pola calidade
Camiño de Santiago Fisterra-Muxía

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez reuníase a pasada semana con responsables da Asociación de Turismo da Morte (APTCM). No encontro foron abordados varios asuntos relacionados coa prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía.

O presidente da patronal, Manuel Pan informoulle do proceso de creación do novo ente turístico do xeodestino CMAT. Neste senso, Sánchez Bargiela comprometeuse a ter como interlocutor á nova entidade para facerlle chegar todas as demandas relacionadas coa Ruta. En concreto, pediu que lle trasladaran as carencias que poida haber en materia de sinalización para subsanalas. Outra fase seguinte sería a delimitación oficial do Camiño á fin da terra, que conlevaría unha nova sinalización.

O xerente do Xacobeo pediu que se sensibilice ós empresarios que "o Camiño é unha carreira de fondo e non hai que matar á galiña dos ovos de ouro". Un dos grandes retos de Rafael Sánchez é "converter ós peregrinos en turistas que xeren riqueza e movemento económico".
Foron analizadas tamén na xuntanza as carencias en materia de transporte público para que os peregrinos poidan retornar desde a Costa da Morte a Compostela.

Camiño Calidade

Unha das cuestións mais transcendentes das que se trataron na xuntanza foi a posibilidade de encauzar o proxecto piloto de calidade integral que se está xestando para a nosa a zona a que a Prolongación a Fisterra e Muxía fose o primeiro camiño sobre o que se puxese en marcha un proxecto pilo destas características relacionado coa Calidade, esto coincide coa idea do Xacobeo que xa está traballando na creación dun distintivo de calidade para os aloxamentos no Camiño, podendo converterse a Ruta de Fisterra-Muxía no primeiro proxecto piloto de todos os camiños.

Promocionando o Camiño dende Negreira

Mentres, o Concello de Negreira vai poñer en marcha unha campaña para dinamizar a ruta Fisterra-Muxía. E o vai facer de varias formas, a primeira, preparando unha xuntanza cos concellos implicados no Camiño: Negreira, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía.

Ademais, o Concello nicrariense vai colocar un punto de información da prolongación do Camiño en puntos como Melide, e mais na Casa do Peregrino, en Compostela.

Semana clave en APTCM

Este martes 25 de marzo será unha cita clave para a entidade turística. Mañá hai asemblea (17:30h na Casa da Cultura de Vimianzo) e un dos puntos a tratar é a renuncia do presidente, Manuel Pan. Analizarán tamén a nova adhesión ao CMAT e a forma de traballar conxuntamente, así como as altas e baixas dos socios da entidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios