Marta Doviro: "Vir actuar á Costa por primeira vez faime moitísima ilusión"
Falamos con ela, como previa:
Marta Doviro co show Sen Restricións na praza do Obradoiro este verán
- QPC: Ola Marta, que alegría vai ser verte actuar pola Costa! O teu primeiro bolo na casa?
Si!! Faime moitísima ilusión! Estou moi emocionada porque nunca me cadrou vir actuar por aquí, nin tampouco vir gravar ningún dos programas que presentei. O máis cerca que estiven de traballar na Costa da Morte foi hai uns anos para a serie da TVG, Pazo de Familia, cando rodamos por Camariñas porque a personaxe que eu interpretaba era desta zona.
- QPC: Que significa para ti contar as historias dunha rapaza da Costa.... na Costa?
Na Costa está moita da miña xente, ca que medrei e ca que vivín algunhas das cousas que conto no monólogo e iso fai que esta actuación sexa moi especial e completamente diferente ás outras que teño feito ata o de agora. As historias están ambientadas aquí, en lugares que o público coñece e cos que se identificará.
- QPC: Como están sendo os monólogos por Jalisia adiante?
Van estupendamente, non me podo queixar. Comecei cos primeiros bolos do ano en abril, no verán intensificáronse grazas á redución das restricións e agora en outono teño datas ata decembro. Estou moi contenta ca acollida do espectáculo!
- QPC: Pero non era a primeira vez que se enfrontas neste formato monólogo ao público, non si?
Estreeime como monologuista en febreiro do 2020, aínda son unha novata. O de subirme a un escenario e a comedia non é algo novo para min pero o formato stand up é un mundo no que acabo de aterrar pero no que me atopo moi cómoda.
- QPC: Podes avanzarnos algunha anécdota que contes no show directamente vinculada a Corcubión, Muxía ou Fisterra?
Noooooonnn! nada diso, non me gusta chafar as sorpresas, nin facer spoilers, se non perde a graza. Hai que vir ver o show para disfrutalo en vivo e en directo.
- QPC: Presentadora, actriz, monologuista... onde te sintes máis cómoda?
Síntome cómoda nas tres facetas, aínda que a miña verdadeira paixón é a interpretación. Sempre quixen ser actriz, o de presentadora e monologuista son cousas que foron xurdindo no camiño e das que disfruto moitísimo tamén.
- QPC: Para cando te vemos en Corcubión?
Pois cando me chamen para ir actuar! jajaja... encantaríame actuar alí e en Muxía tamén, porque están moi presentes nas historias que conto e sería xenial poder contar esas anécdotas nos lugares onde se viviron.
Marta Doviro en Ordes-Foto-Chema Rios