Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Micoloxía e humor, a receita do Concello de Fisterra para este novembro

Novembro cultura fisterra
Micoloxía e humor, a receita do Concello de Fisterra para este novembro

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra vén de publicar o programa cultural para amenizar este mes de novembro. Un programa que mestura o humor coa micoloxía.

Fantásticas serán as visitas de dúas caras máis que coñecidas da escena galega. A corcubionesa Marta Doviro, que leva un verán enteiro levando as súas “Memorias dunha rapasa da Costa” por todo o país, aterra por fin na comarca, na súa casa, para falar desas vivencias que tod@s tivemos. Será o venres 12 de novembro ás 20:00h no Salón de Actos do Concello, e cómpre reservar entrada (rápido) en [email protected]).

A outra cita humorística será con Avelino González, outro grande da palabra, que subirá ao mesmo escenario o venres 26 ás 20:00h cos seus “Contos que foron chistes”. Outra cita ineludible para que cómpre reservar entrada.

Micoloxía

Ademais, o Concello segue apostando pola micoloxía coa celebración, da man de Pan de Raposo, das VII Xornadas Micolóxias na Fin da Terra. As citas serán os 13 e 14 de novembro, con saída para recollida o sábado, e exposición e degustación no Mercado o domingo.

Comentarios