Mediando conflitos dende Fisterra
O IES Fin do Camiño de Fisterra acollía a pasada fin de semana de 10 e 11 de maio cun congreso sobre mediación pacífica en conflitos.
O II Encontro de Centros con Servizo de Mediación Escolar foi un congreso no que participaron varios centros do país (ata 13 centros de toda Galicia e mesmo un de Málaga) que pretende analizar as posibilidades de resolver os conflitos no eido escolar sen encesidade de acodir aos típicos e obsoletos castigos.
O centro xa é pioneiro en materia de convivencia como o demotra o premio que recibía en Madrid no ‘Concurso nacional de buenas prácticas para el impulso y mejora de la convivencia en el curso 2009/2010.
Un Manual
Como mostra do gran traballo do centro, podedes ollar este manual de "Mediación en la práctica. Manual de implantación de un servicio de mediación escolar", un manual gratuito elaborado polo IES Fin do Camiño (Fisterra), o IES Portada Alta (Málaga), o IES Montes Obarenes (Miranda de Ebro) e o IES Alto Nalón (Barredos-Asturias) a través dun proxecto ARCE do Ministerio de Educación.
Novas relacionadas
- O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia.
- Alumnos artesáns que coidan o mar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Darío Gómez.