venres. 10.07.2026
El tiempo

Di-versos, a celebración do Día da Diversidade da Costa da Morte este 12 de xullo en Sardiñeiro

Diversidade a toda Costa en Sardineiro con Reiseñores
Di-versos, a celebración do Día da Diversidade da Costa da Morte este 12 de xullo en Sardiñeiro

O 12 de xullo foi proclado pola Plataforma Reiseñores NEE /NEAE Costa da Morte como o «Día da Diversidade da Costa da Morte», unha data de celebración e reivindicación do diverso. A plataforma, que quere «Diversidade a toda Costa» , organiza o propio domingo ás 11:30h na Parque de Sardiñeiro (Fisterra), unha xornada comprometida cunha lectira dun manifesto, na que se defendan os dereitos de todas as persoas con diversidade.

Esiximos respecto. Que non se escatime. Que non se recorte. Que non se regatee cos nosos dereitos.
Queremos recursos e queremos vida.
Queremos ter os recursos necesarios para vivir a vida coa maior autonomía posíbel en todas as etapas da nosa vida.
Imaxinemos un mundo onde as políticas inclusivas inclúan de verdade ás persoas que din incluír.
Imaxinemos un mundo onde collamos todas.
Imaxinémolo e construámolo entre todas.
Ven a deixar a túa pegada connosco.

Máis novas

Comentarios