Outro mercante remolcado por problemas no Corredor de Fisterra

21:44 28/10/21
A apenas 11 millas da costa de Fisterra, o buque Elbsky, de bandeira Antigua e Barbuda, tivo que se remolcado polo remolcador Don Inda de Salvamento Marítimo cando navegaba a mercé das correntes por un problema mecánico.
O buque viaxa de Rotterdam a Lisboa, e está sendo remolcado a Vigo. A estas horas (21:30h) atópanse á altura de Corrubedo.
Estes días ademais, un boque semisumerxible, o Hawk, estivo fondeado na ría de Corcubión, á espera de que amaine o temporal para continuar cara Rotterdam.