Modesto Fraga lembra a Don Emerito con Rafael Mouzo

13:36 10/04/24
Despois da emotivísima presentación da Antoloxía de Don Emerito, editada no marco da Biblioteca da Fisterranía, Modesto Fraga quere incidir na importancia desta publicación.
Para iso, convida a toda Fisterra a achegarse á conversa que van manter este venres 12 de abril ás 19;00h no Hotel Bela Fisterra, onde repasará con Rafael Mouzo a historia do corcubionés/fisterrá Desiderio Paz Figueroa.