Modesto Fraga leva a obra de Ramón Marcote a Sardiñeiro

Nova presentación do libro "Ramón Marcote. Obra en prosa Vol I”. Modesto Fraga acode este mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas. a Sardiñeiro para presentar, ás 19:00h, na Casa Lestón, esta segunda obra da “Biblioteca da Fisterranía”.
Estarán presentes varios familiares de Ramón Marcote residentes en Sardiñeiro. Convén lembrar que Ramón Marcote Miñarzo naceu nesta parroquia fisterrá o 30 de marzo de 1880, emigrou a Cuba en 1898 e regresou por primeira vez á súa terra natal en 1925.
No transcurso do acto vaise amosar documentación rigorosamente inédita do autor recuperado pola Biblioteca da fisterranía como o seu testamento e algunhas cartas que lle enviou á súa nai nos anos 20 e 30 do pasado século.
”Coa publicación da "Obra en prosa. Vol. I" de Ramón Marcote os fisterráns saldamos unha débeda histórica que levaba moito tempo pendente e que terá continuidade o ano que vén cun segundo volume no que reeditaremos a súa "Historia de Galicia", en edición facsímil, aproveitando a conmemoración dos cen anos da súa publicación na Habana en 1924”, explica Modesto.
NOVAS RELACIONADAS
- Abril 23: Modesto Fraga reivindica a tese do Colón Galego coa publicación do libro de Ramón Marcote.
- 2023: Ramón Marcote protagoniza o segundo volume da Biblioteca da Fisterranía.
- 2021: A Fisterranía xa ten o primeiro volume da súa Biblioteca.
- Decembro 2019: A Biblioteca da Fisterranía, un proxecto editorial para recuperar toda a obra feita na fin da terra.