martes. 16.12.2025
El tiempo

Modesto Fraga e Roberto Traba invitan a unha fermosa Velada Literaria na Galería

Velada literaria bar A Galería
Modesto Fraga e Roberto Traba invitan a unha fermosa Velada Literaria na Galería

Cita chea de fisterranía literaria a que se presenta para este venres 19 ás 19:19 horas no bar A Galería (Fisterra). Roberto Traba ("Finito da Poza Choca") e Modesto Fraga ("O neno do Montarón") invitan a unha Velada Literaria máis que interesante.

Por primeira vez na historia, dous poetas fisterráns (un do Cabo da Vila e outro do Cabo da Xesta) vanse retar liricamente nun "duro combate poético" no bar A Galería Square Garden.

Segundo as normas establecidas no artigo noveno da Lei Poética da Fisterranía están permitidos todo tipo de recursos literarios: metáforas, alegorías, hipérbatos, anáforas, sinalefas, hipérboles, anadiploses e demais trasuntos da versificación.

Acompañará o recoñecido saxofonista Juanma Abelleira Ronquete, "O semifusa de Corcubión", quen velará por facer cumprir as normas con equidade, boa música e xustiza poética.
Entrada libre e gratuíta.

Máis novas

Comentarios