Noite de lúa chea no mar de Fisterra
22:00 08/09/14
Menudo verán que está tendo Fisterra. E así o poden corroborar os Oliver, Esteban e Sole a bordo do Cruceros Fisterra. Ata 5 e 6 saídas diarias, cheo de turistas, peregrinos e grupos ensinándolle días e solpores marabillosos dende o mar, dende a fin da terra.
Para celebralo, e para despedilo verán, arman unha viaxe na Noite de Lúa chea do martes 9 de setembro. Sairá ás 23:15h do peirao fisterrán, (ao lado da Lonxa), para percorrer a Ría ata o Faro de Fisterra, observando os 5 faros encendidos e a Lúa Chea. Haberá boa música e servizo de barra a bordo, e invitan á primeira rolda.
Xa podes facer as túas Reservas no 607 198 095.
Boas prácticas no turismo costeiro
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).