Novas xornadas formativas en e Caión e Fisterra para acoller o eclipse
Novas accións formativas para a hostalería, empresas do sector turístico e veciñanza interesadas arredor do eclipse, as que se van organizar an Caión e en Fisterra.
En Caión

Este vindeiro martes 12 de maio, o Auditorio do Centro Sociocomunitario de Caión unha xornada de divulgación arredor da eclipse, unha iniciativa coordinada pola CMAT – Costa da Morte. A empresa encargada do desenvolvemento da xornada é Corvus Maris, cuxos responsables son Antonio Pazos e Begoña Bravo, ambos acreditados como monitores Starlight e con ampla experiencia na divulgación astronómica.
A xornada está deseñada para que o sector turístico e a prensa local conten con toda a información práctica posible en relación a este fenómeno astronómico. O programa combinará contidos teóricos e prácticos ao longo da mañá. Así, desenvolverase unha charla-coloquio sobre astronomía básica dunha eclipse e a súa observación segura.
Neste ámbito, destaca a participación de Fernando Rey Daluz, quen impartirá unha sesión especializada e dirixirá unha práctica de fotografía da eclipse e observación solar, incluíndo un simulacro do fenómeno.
A participación é gratuíta, pero o aforo é limitado a 50 persoas, polo que é preciso realizar inscrición previa nesta ligazón.
En Fisterra
A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte e o Concello de Fisterra, organizador da xornada, convídanlle a asistir á Xornada "Eclipse na fin do mundo", que se celebrará o xoves 28 de maio no Concello de Fisterra.
Unha xornada sobre a ECLIPSE impartida por Óscar Blanco. Gran coñecido no mundo da astronomía, pois é o Director do Centro Astronómico de Trevinca, Presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, Astrofotógrafo, Monitor Starlight, Divulgador Astronómico, Cazador de Eclipses,...
En definitiva, un gran divulgador astronómico con máis de 25 anos de experiencia na maleta.
Haberá unha primeira xornada dirixida ao sector turístico do concello e outra posterior, ás 19:30h para o público xeral no Salón de Actos do Concello de Fisterra. Non é necesario inscribirse.



