Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Novas citas estivais no Boulevard de Fisterra

Novas citas estivais no Boulevard de Fisterra
O Boulevard Lounge de Fisterra volve á carga coa música, “sempre millor en directo”. Neste mes de agosto presentan dúas propostas totalmente diferenciadas. Comezan o vindeiro venres, 5 de agosto. Será o día antes da Festa do Longueirón cando actúe a partir das 23:30h o polifacético Leo I Arremecaghona. Presentará a súa xira Nenos que non teñen país 11. Música, humor, sarcasmo e crítica social formarán parte deste espectáculo cunha posta en escea teatral e animada que non deixará indiferente a ninguén. Por outra banda, o venres 19 de agosto, tamén a partir das 23:30h, o Boulevard Lounge acollerá a actuación do músico Ramón Orencio. Trátase dun artista veterano cunha dilatada carreira no mundo musical. Neste caso presentarase como Mr. Cool, cunha proposta que recolle nas súas verbas, “o mellor de cada un dos proxectos musicais e interpretativos dos que formei parte”. Orencio ofrecerá Bossa Nova, Jazz, Swing e un compendio de xéneros musicais a maiores. Esta cita cumprirá o propósito de alongar a fin de semana, xa que xusto antes, celebrarase o Festival Folk na Fin do Camiño, que se desenvolve cada ano en Fisterra.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Boulevard.

Comentarios