Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A atmósfera beatleniana invade a Costa

A atmósfera beatleniana invade a Costa

Xa saben que sempre apostamos dende QPC pola música en directo. E se é da casa mellor, como o puidemos comprobar coa Escolma de bandas costeiras que fixemos hai unhas semanas. Entre todas as bandas que recollemos estabanos Abbey Road, un mozos de entre 16 e 18 anos, de Cabana e Laxe, que fan da súa homenaxe aos Beatles unha auténtica festa.

Sen ir máis lonxe, esta fin de semana pasada o demostraron cunha apaixonada velada cunha atmósfera beatleniana que invadiu o Boulevard Lounge de Fisterra. Xuntáronse os fisterráns con xentes da bisbarra, pelegríns de varios continentes,turistas creando un "bo rollo" tremendo, como nos contan dende Fisterra. O espíritu dos de Liverpool estivo presente, sonora e visualmente, facendo de unha noite inesquecible para os amantes da música. I é que xa saben que a música en Fisterra, “sempre millor en directo”.

Novo concerto en Laxe

E non paran estes rapaces, pois este xoves 7 de xullo xa tocan de novo. Desta volta será no Pub A Ventana de Laxe, que abre un novo mes de programación musical. A cita, como dicimos, o xoves ás 23:30h no Pub A Ventana.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios