Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Novo ano e novo formato para o Boletín Km.0 de Fisterra

Novo ano e novo formato para o Boletín Km.0 de Fisterra

Coincidindo co Nadal xa saíu á rúa o novo Boletín KM 0 da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño. E chega cun novo formato en color e con maior número de páxinas, gañando en contidos, colaboracións i estética. A publicación, que será a partires de agora bimensual (debido ao maior número de páxinas e ao incremento que elo supón de custes para a súa publicación, non esquezamos que é sufragada na súa totalidade pola aportación dos socios) pretende contar coa colaboración de máis persoas e colectivos e gañar en calidade.

Balance anal

Este número especial do nadal fai unha revisión pormenorizada dun ano de actividade da plataforma, das innumerables iniciativas levadas a cabo dende a entidade; dende o paso por Paracuellos del Jarama para promocionar o camiño a Fisterra ata o Campionato Popular de Futbolín Alejandro Finisterre, así como a progresión da propia publicación e as diversas actividades de divulgación realizada con colexios.

Reivindicando un coidado do patrimonio

Asimesmo, e seguindo coa liña dos últimos números, a entidade aproveita para animar ás administracións públicas que teñen os cartos a levar a cabo accións para poñer en valor os diferentes elementos históricos, patrimoniais ou culturais da vila. Se no número anterior os protagonistas eran os cruceiros, neste número rescátase do esquecemento máis de trinta muiños de auga que esconden as silveiras e os toxos do territorio fisterrán. Baixo o lema ”Muíños dos confíns da terra” faise unha extensa laboura de localización de máis de trinta muiños completamente esquecidos e que abundan por estas terras; dende o Rostro, Sardiñeiro, Castrexe, San Salvador, ou San Martiño, Padrís, Mallas, Hermedesuxo, etc...

Todo elo pódese visualizar e descargar no blogue da Asociación:

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Fisterra Único Fin do Camiño.

Comentarios