Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG comeza por Fisterra a esixencia de dimisión dos imputados na Operación Orquesta

O BNG comeza por Fisterra a esixencia de dimisión dos imputados na Operación Orquesta
O alcalde de Fisterra Jose Manuel Traba imputado na Operacion Orquesta

Anunciaba a semana pasada o BNG da Costa da Morte que vai esixir a dimisión de todos os imputados da Operación Orquesta. Non parece que a petición vaia ser escoitada tras dous de procedemento xudicial pero consideran que a "alarma social e a desconfianza dos veciños e veciñas" segue crecendo e a única vía é a dimisión.

Así, onte era o grupo do BNG de Fisterra o primeiro que presentada na casa do Concello a devandita "moción que insta aos cargos públicos imputados na operación orquestra a súa dimisión". O BNG apunta que "non se trata dunha xudicialización da política, somos os primeiros defensores da presunción de inocencia e nese senso debe pronunciarse a audiencia provincial da Coruña". Pero consideran que "amén das responsabilidades xurídicas ou penais, tamén existen as responsabilidades políticas", e que "nun contexto de descrédito da cidadanía na clase política, hai quen debe facerse responsable desta perda de confianza dos cidadáns nos seus representantes".

Así, consideran que "aínda que nun xuizo, por diversos motivos, os imputados salisen inocentes ou non culpables, a súa imaxe está seriamente danada e consideramos que o seu crédito se verá tamén moi perxudicado", a pesar de que os resultados das eleccións municipais digan o contrario.

"Un político, ademais de ser honrado, debe parecelo", apuntan, facendo ficapé na imaxe pública de varios dos imputados.

Se ben faremos un completo repaso estes días ao auto final no relativo ao Concello fisterrán, cómpre recordar que no Concello de Fisterra están imputados o alcalde José Manuel Traba, o teniente alcalde Santiago Insua, o concelleiro de obras Ramón Redonda, o Secretario Municipal José Ramón Lema Fuentes, e Arquitecto Municipal Manuel Carro López.

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios