Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os trending topics da Operación Orquesta

Os trending topics da Operación Orquesta

26 imputados deixa o xa ex xuíz instrutor da meirande trama de corrupción municipal da historia da Costa da Morte. A Operación Orquesta comeza agora unha nova fase. Van máis de 2 anos dende aqueñ 31 de xaneiro de 2011, e agora o turno tócalle á Fiscalía da Coruña analizar os máis de 40 folios da instrución e comezar cos xuízos orais.

O caso analiza esa trama que parece tan habitual nas vilas galegas, como é a de financiar as festas municipais a través das empresas adxudicatarias das obras municipais. Así o dicía un dos alcaldes imputados, o mazaricán Santos Maneiro, xusto ao ser arrestado: "Como se pensan que se financian todas as obras do país?". E así nolo aseguraba outro dos rexedores, xa ex (pero non pola vontade popular) Ramón Vigo, que nos contaba que "o sumario da Operación Orquesta é infumable”.

O caso é que para o xuíz, as comisións que entregaban as empresas adxudicatarias non ían só para as festas. Se non que ademais de servir para pagar, en B, as festas, tamén servían para mercar vontades de alcades, concelleiros, ou traballadores municipais. Así, cos cartos públicos das obras municipais (chegaron a ser case 3 millóns de euros e boa parte para empresa muxiá Ogando), completaríanse as obras, pero tamén as festas e as comisións para os responsables. Todo, aderezado polo feito de que o centro da trama, e de onde partiu, é un representante de orquestras, relacionado co narcotráfico...

Así, dos imputados durante a primeira oleada só librou Carlos Rey, do Mercado Medieval de Corcubión que trala declaración do alcalde de Muxía, quedaba sen cargos. O resto, entre eles os alcaldes de Fisterra, Mazaricos e Corcubión, terán que declarar por suspostos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno, aos que hai que sumar o de "malversación de fondos públicos" ao ex alcalde de Cee e a súa xefa de gabinete.

Sen máis, deixámovos coa versión tuitera e humorísitica da trama, da man de Hermanager Humor:

Hermanager humor trae os trendingtopics  da OperacionOrquesta

Máis información

Novas da Operación Orquesta

Viñetas de Hermanager Humor en QPC

Fonte

Comentarios