Mércores. 03.06.2020
El tiempo

A Operación Orquesta por Concellos (I): Mazaricos

A Operación Orquesta por Concellos (I): Mazaricos
Imaxe do Concello de Mazaricos

Hai apenas unha semana que se finalizada a instrución dunha Operación Orquesta que queda sen xuíz. Repasabamos tamén as liñas xerais do auto e Louzán amosábanos a súa acertada Verdade sobre a trama, que se pechaba con 26 imputados á espera da chamada ao xuízo oral, que non se preve ata o ano que vén.

Hoxe abrimos unha pequena serie analizando as máis de 40 follas do auto, e o facemos Concello a Concello, como recolle o propio informe, que pon dende o comezo un ollo no "cazo", que é a grande denuncia do xuíz nesta trama.. Pasaremos por Cee, Fisterra, Corcubión e Muxía, pero comezamos por Mazaricos.

Destaca o xuíz que a "dinámica presuntamente delictiva resulta idéntica" á dos outros concellos exemplificada. Isto é: influencia do empresario sobre determinadas autoridades e funcionarios adscritos a tal Concello co fin de obter un trato de favor na adxudicación de obra pública, unha práctica máis ou menos habitual pero non iso menos merecedora do presunto delito de prevaricación e suborno. I é que as comisións ilegais tamén están no punto de mira.

O auto, tras analizar varias escoitas telefónicas, apunta que Orlando González Villarino (arquitecto do Concello) xa lle deixa entrever a Daniel Ogando, da construtora Ogando, que como forma de compensar algo, vaille a meter outra obra. Ogando presentaba 3 proxectos, contando con outras dúas empresas que xa sabían que non ían saír no concurso, para que saise o seu, obtendo obras por 220.000€.
O arquitecto municipal dille noutra conversa a Ogando "a ver se pescamos esta!", en alusión a outra obra, demostrando no delito de tráfico de influencias.

O auto recolle tamén como o alcalde Santos Maneiro pide que se lle engadan 12.000€ máis nun proxecto para Ogando con valor de 180.000. Un alcalde que días despois da súa imputación se preguntaba coa voz en alto "Como pensan que se financias as festas en toda Galicia?" facendo evidente que a falsificación de documentos e tráfico de influencias, sempre, ademais, coa cooperación necesaria da secretaria municipal, Ana María Reyes.
Precisamente sobre festas vaia a imputación de Benito Martínez, conserxe do Concello de Mazaricos, ao que se lle supón recibir u pago en metálico de Ogando de 5.000€, teoricamente para pagar as festas da Fervenza, cando na folla das contas da festa só consta unha axuda da empresa muxiá de 300€.

Imputados en Mazaricos

  • José Manuel Santos Maneiro, alcalde de Mazaricos, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
  • Ana M. Reyes Cambre, secretaria municipal, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
  • Orlando González Villarino, arquitecto municipal, por presuntos delitos de Delito contra a Administración Pública, tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
  • Benito Martínez, conserxe do Concello, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
  • Yoni Tuñas Nieto e Lino Tuñas Garabal, da empresa mazaricá Excavaciones Yoni Tuñas, por presuntos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

comentarios