O BNG fisterrán denuncia o desleixo do Concello coas Bandeiras Azuis


Dábamos conta esta semana das Bandeiras Azuis que ondearán nas nosas praias este verán. E praias fisterrás da Ribeira e de Langosteira foron dúas das que perderon a catalogación neste 2014.
Hoxe, o BNG, que xa denunciara a presencia de fecais na zona da Langosteira, non se extraña da perda da Bandeira. “Víase vir”, valoran, pois ven recoñecidas as carencias denunciadas en sesión Plenaria, “polo desleixo e pouco coidadas que se atopaban as praias fisterráns recoñecidas co este distintivo, no que xa se alertaba que podía derivar na perdida futura das bandeiras”.
O BNG sae ao paso das declaracións do Alcalde, que culpa á oposición organización pola perdida das bandeiras da Ribeira e A Langosteira. “Se queren que deleguen a materia turística en nós, pois estaremos encantados de demostrarlles a este goberno, que atendendo a tempo os problemas é posible ofrecer un escaparate turístico moito mellor, e non suspensos como este”, declara o grupo opositor.
E a sensación é clara: “Coas impoñentes praias que ten Fisterra o difícil é, precisamente, non ter as Bandeiras Azuis”.
Novas relacionadas
- 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- Un pleno de bandeiras en Fisterra.
- O BNG fisterrán denuncia verquidos de fecais na Langosteira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).