Martes. 08.10.2024
El tiempo

O BNG fisterrán protesta polo alumeado público en horario diurno

O BNG fisterrán protesta polo alumeado público en horario diurno

Durante todo o día de onte, xoves 15, as luces do alumeado público permaneceron acesas nas rúas fisterrás Alcalde Fernández, Cabo Fisterra e A Carrasqueira. Unha medida que como destaca o BNG local, "conleva un claro prexuízo económico para as arcas municipais ademais de demostrar abandono e na deixadez de funcións de goberno".

E iso que como lembran, o goberno local aprobou en pleno solicitar un crédito ICO de 150.000 euros para facer fronte ás débedas pendentes con FENOSA. O alcalde manifestou naquela sesión plenaria que había un desfase no consumo eléctrico e que había que pedir ese crédito, a un 6,5% de interese. De feito, sinalan que a débeda, a día 29 de marzo do presente ano, ascendía a 180.166,27€.

É tamén por isto que dende o grupo da oposición solicitan "ao goberno local a que realice un mantemento adecuado e responsable do consumo eléctrico, evitando que as farolas da localidade permanezan encendidas polo día e, de paso, a que goberne, dunha vez por todas, con responsabilidade e rigor".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Modesto Fraga, Portavoz municipal do BNG.

Comentarios