Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Fisterra preocúpase pola situación económica do Concello

O BNG de Fisterra preocúpase pola situación económica do Concello
O Bloque Nacionalista Galego de Fisterra saía á palestra na xornada de onte luns para denunciar a mala situación económica do Concello, arrastrada pola xestión urbanística do municipio fisterrán, en verbas dos nacionalistas. Un interese que xurde despois de que hai poucos días se coñecera unha nova sentenza desfavorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima o recurso do Concello de Fisterra contra a decisión do Contencioso de anular a licenza a unha promoción de vivendas na Anchoa. Non se trata da primeira sentenza desfavorable, denuncian os nacionalistas, senón que hi oito máis que estaban en litixio dende que en 2007 a Xunta denunciara presuntas irregularidades como a falla de saneamento público. Os nacionalistas, a través do seu voceiro Modesto Fraga Moure, demandan información sobre os gastos derivados da representación legal do Concello diante do TSXG, e datos sobre os letrados encargados da representación. Fraga tamén preguntará polas medidas que tomará o Concello logo de que a maioría das sentenzas emitidas polo TSXG fosen desfavorables aos intereses municipais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios