luns. 13.01.2025
El tiempo

O Concello de Fisterra volverá a adxudicar o Semáforo ao proxecto que fora paralizado

O Concello de Fisterra volverá a adxudicar o Semáforo ao proxecto que fora paralizado
Hotel do Semaforo de Fisterra tera que esperar-Foto-Margalaica A adxucación do Hotel do Semáforo de Fisterra está sendo un foco de polémica-Foto-Margalaica

Tiña que voltar á primeira liña da actualidade. A polémica concesión do Semáforo que fóra paralizada no seu día por falta de consenso no pleno, parece que será finalmente aprobada. Así o anunciou estes días o Concello de Fisterra despois de recibir a resposta da Xunta Consultiva, á que pediran axuda.

A Xunta Consultiva respondeu hai un par de semanas aconsellando que o procedemento siga adiante a pesar de ver cousas mellorables na mesa de contratación. Precisamente eran eses problemas os que provocaron as queixas e as dúbidas sobre se a licitación era ou non arbitraria por parte do anterior grupo de goberno do PP, pero para a Xunta Consultiva non son suficientes para paralizar aquel proceso e abrir unha nova mesa. En todo caso, o informe destaca que tamén sería posible cambiar a adxudicación se ven indicios de dubidosa valoración.

Por que non se abre outro prazo de licitación? “Porque esa licitación non quedou pechada”, sinalan fontes municipais, “e a Xunta Consultiva nos manda seguir para adiante con ela”.

Por que non se intenta a xestión directa como pedira o BNG? “Agora terían que renunciar os dous licitadores para porde abrir outro procedemento distinto. Para algúns sería a mellor fórmular pero agora xa está feita, e aquelo está deteriorándose moito e hai que tirar para adiante. Agora si, sexa quen sexa, hai que crear unha comisión de seguemento, para mirar que se cumplan os pregos e que se faga un bo mantemento”.

De feito, os rumores que corren por Fisterra sinalan que a adxucataria podería renunciar, de xeito que pasaría a adxudicación ao seguinte proxecto, o de NCC Galicia de Jesús Picallo.

”Que cambiou dende maio de 2015”?

Precisamente Picallo pregúntase por que o Concello non espera á decisión xudicial pendente, despois da súa denuncia. A empresa NCC Galicia enviou un comunicado no que critica que a mesa de contratación modificou 20 dos 50 puntos da valoració e os subdividiu en 3 partes. “Xa desde ese intre puxemos en coñecemento do concello que esta parte viuse lesionada porque tivéramos feito outra oferta en función do criterio máis valorado”, sinala.

NCC sinala que despois do acordo do pleno do 7 de maio ”polo cal non adxudica o contrato o licitador proposto pola mesa, enton agora sería totalmente irregular adxudicalo sin previamente revisar ese acto, porque na administración non se pode hoxe adoptar unha decisión e mañá outra sin previamente anular ou revisar a anterior”.
Recordan ademais que “o tema está xudicializado, no Xulgado do Contenciso Administrativo, o prudente sin dúbida será esperar a decisión xudicial”.

Por todo isto, a empresa licitadora pregúntase “Que cambiou de maio de 2015 ao día de hoxe? Se un xuíz vai resolver a que se debe a présa? Agora desapareceron as irregularidades reconocidas por algúns? As decisións da administración son coma lotería que hoxe toca aquí e mañá alí?”

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios