![Entroido-de-Fisterra-2018-Os-da-Charca]()
Os da Charca venceron o concurso de comparsas do Entroido de Fisterra
E que non se nos enfade ninguén, que son palabras dunha das organizadoras deste o meirande espectáculo entroideiro que se pode vivir na Costa da Morte. Non fallou ninguén. A pesar da interminable chuvia, o pavillón xa lucía un impresionante ambiente case que unha hora antes do comezo do concurso, facendo esquecer o frío.
Volvía ser martes no entroido de Fisterra e arte, a retranca e máis que nunca, o baile e as coreografías, triunfaron.
Así o entendeu parte do xurado, que premiou as coreografías dos da Charca por diante da áceda rima dos Tortugas y Peces e os Trotamúsicos. Pero é que este Entroido estase cada vez parecendo máis a un musical de Broadway, e as risas tamén van dando paso aos “Ooooo” de admiración. En todo caso, os que se achegaron a Fisterra puideron disfrutar de varios espectáculos completísimos, con grandes
atrezzos, fantásticas coreografías e unha rima retranqueira que só conseguen afiar na vila da fin do mundo. Unhas coplas que mesturaron as
críticas en clave de política local (a ínclita rúa peonil e o teniente alcalde Kuka Sar foron grandes protagonistas da noite) coa situación estatal, convertindo a
Puigdemont en imprevisto participante da noite fisterrá.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Corporacion-Municipal]()
A corporación municipal, sempre disfrazada e sempre levando paus por todas partes
![Entroido-de-Fisterra-2018-Publico]()
O pavillón ateigado de xente, coma sempre
![Entroido-de-Fisterra-2018-Borja-Insua]()
O titiriteiro Borja Insua foi o condutor da gala do Entroido de Fisterra
Arrincou o Concurso o presentador deste curso,
Borja Insua. O titiriteiro de Corcubión deu paso á única comparsa “estranxeira”, os
“Enjominados de See”, que xa albiscaban o resultado con aquelo de “hai 3 comparsas de Fisterra, hai 3 premios… As contas dan, o fillo é teu”. Pero a realidade é que a diferencia aínda é moi grande (os ceeses quedaron en 4º lugar levando un accesit de 300€ que lles servirá, despois de gañar en Muxía, para facer unha viaxe con todas as crianzas), o que non impediu os pequenos chulitos e chulitas do Grease ceés disfrutaron bailando e aínda tiveron tempo para meterse cos “pisos patera” e para gozar da sana “locura do carnaval”.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Enjominados-de-See.]()
Moi noviños os membros da comparsa Os Enjominados de See
Rima vs Baile
![]()
Futurismo na comparsa Torugas y Peces
Menudas as 3 comparsas fisterrás. Complicadísimo escoller para nós (non así para o resto do xurado) cal era a mellor. Todas representan a esencia do Entroido de Fisterra, e dan conta, dada a súa mocidade, de que a arte e a retranca teñen o relevo garantido.
A diferencia nos disfraces era miúda, pois o que traballa toda esta xente para ter uns disfraces perfectos é indiscutible. As rimas e o baile serían o que decidirían o primeiro premio. E foi a exhibición acrobática dos da Charca (
gañadores tamén o domingo en Dumbría) o que fixo que o xurado se decantase por eles, por diante das ácedras críticas en verso dos Tortugas y Peces.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Tortugas-y-Peces-2]()
Tortugas y Peces evitando a invasión muxiá en 2054
Curiosa a coincidencia na temática futurista entre estes e os Trotamúsicos, sendo as dúas postas en escea tremendamente orixinais.
Os Tortugas y Peces situáronse no 2054 para intentar manter avila do Cristo libre da invasión dunha “expedición de adovesíos muxiáns”. Comandados por unha impresionante
Mariola da Pescadora (a que foi nomeada
Raíña do Entroido enchía ela soa a pista-escenario co seu verso e tamén sen “tanta rima nin tanto carallo”), déronlles a todos os seus representantes políticos. “O PSOE e BNG agora non fan nada porque está no goberno e non lles importa o que di a xente. Ao PP si, agora que non goberna”. Non faltou a referencia á “
rúa peonil pola non pasan nin os gatos”, nin ao festival de blues do verán, que parece que non tivo demasiada boa acollida entre a mocidade local.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Trotamusicos]()
Fantástico Rodri Puyol, á esquerda, dirixindo os Xogos da Fame dos Trotamúsicos
De futuristas tamén chegaban os
Trotamúsicos, facendo do espectáculo un dos famosos Xogos da Fame nos que puñan a proba aos políticos da casa. O simpatiquísimo
Rodrigo (como medra ano a ano este Puyol) presentaba o “programa” que comezaba cunha entrevista a Traba ao son do famoso “Viva el vino” de Mariano. Por suposto, o guerrilleiro Kuka foi o segundo invitado, e mención especial merece o anuncio publicitario das conservas Cuca nunha nasa de Channel.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Os-da-Charca-3]()
Os disfraces dos Trotamúsicos estaban moi traballados
Os da Charca aparecían en escena cuns disfraces espectaculares, con menos acidez nas rimas e uns bailes máis pausados. Propúñanse chamar ao
Chaman de Buxán (a orixinalidade do atuendo de
Borja permitiulle levar o premio de
Rei do Entroido) para intentar atopar a pócima que acabe coa parálise municipal, e para romper (a primeira vez que sae o tema), unha lanza polo
papel da muller na nosa sociedade. A mocidade fisterrá deu outra boa lección aos responsables municipais:
“Traballemos todos xuntos, sexamos do partido que sexamos, para que o pobo avance”.
Pero a chave da súa vitoria foi a escena
acrobática digna do mesmo Circo do Sol, que sacou os “Ooooo” de admiración da bancada e os puntos de boa parte do xurado.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Os-da-Charca-acrobatica]()
Impresionante número acrobático dos da Charca
En resumo, outra gran demostración da fermosa posta en escea e retranca fisterrá, neste espectáculo entroideiro de primeira calidade. Parabéns Fisterra, que non morra este Entroido.
![Entroido-de-Fisterra-2018-Tortugas-y-Peces-1]()
Imaxe dos Tortugas y Peces
![Entroido de Fisterra 2018-Trotamusicos 3]()
Os Trotamúsicos tamén ían en clave futurista
![Entroido-de-Fisterra-2018-Trotamusicos-2]()
Unha dos Trotamúsicos
![Mariola da Pescadora e Borja, Rei e Raíña do Entroido de Fisterra 2018]()
Mariola da Pescadora e Borja, Rei e Raíña do Entroido de Fisterra 2018
Pensando no Polbo
Non descansa Fisterra, e se xa ten o ollo posto na Semana Santa e a súa Resurrección toca xa rematar os preparativos para a Queima do Polbo.
Novas relacionadas
Novas do Entroido Fisterrán
Máis novas
Fonte