![Entroido Fisterra 2011]()
Este ano vai ferver a Praza da Constitución de Fisterra o vindeiro día
martes 8 de marzo. Prevese que este ano o "Entroido máis tradicional da Costa da Morte" sexa máis auténtico que nunca e a participación pode batir marcas. De momento xa hai confirmadas 4 comparsas fisterrás
(A Galería, Presajeiros sen Fronteiras, Os Rombos e A Casa do mar), pero poden ser outras tantas as que se animen.
De feito, por
Dumbría xa levan máis de 40 veciños dende Nadal ensaiando dúas veces por semana e parece, segundo nos conta César Ferrío, que este vana liar. Non queda aí a cousa, e xa houbo quen dende
Vimianzo, preguntou se se podía apuntar...
Este ano como novidade, o pregón do sábado do pregón será lido polo mítico
Roberto Traba, representante da Galería. Unha presentación que estará acompañada de boa música, gracias ao grupo revelación fisterrán de Djs
"Fisterra´s Mafia", que amenizará a tarde-noite con moita música.
O propio Roberto Traba será o presentador do Concurso de Comparsas, acompañado este ano da súa filla
Adriana. I é que unha figura tan importante no entroido fisterrán como Roberto merece un protagonismo especial, e de seguro que nos sorprende con algo orixinal coma o ano pasado.
Lembren que aínda están a tempo para inscribir as súas comparsas xa que a data límite para presentar candidaturas será o 25 de febreiro e xa se poden inscribir no concello en horario de mañá.
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).