mércores. 19.03.2025
El tiempo

O Entroido de Fisterra xa ten cartel e presentadores

O Entroido de Fisterra xa ten cartel e presentadores
Cartel Entroido Fisterra 2017 copia

Con este fermoso debuxo de Mighel FK, chega o cartel do Entroido máis tradicional da Costa da Morte, o de Fisterra. Un Entroido que ten como punto forte o Tradicional Concurso de Comparsas, que aínda ten o prazo de inscrición aberto, e que se celebrará o sábado 25 de febreiro. Volverán ser Roberto Traba Velay e a súa filla Adriana Traba, os presentadores, cunha fermosa aposta pola arte da casa. Ademais, ao remate do concurso, haberá pasarrúas das comparsas dende o Pavillón ata a Praza da Constitución, sempre que o tempo o permita.

Entroido de Fisterra 2015-Roberto e Adri Traba Roberto e Adri Traba, pai e filla, boa mostra do que é a arte en Fisterra, presentaron o Concurso en 2015

Ademais das actividades para os nenos do veres 24, do domingo 26 e do martes 28, a outra gran cita é a Queima do Polbo do domingo 5 de marzo. Un Polbo que xa está nos asteleiros, que comezará o pasarrúas ás 1800h, que terá o seu funeral na praza da Constitución e que será queimado na prada da Ribeira polos bravos Piratas fisterráns.

Novas relacionadas

  • 2017: Os obradoiros e a festa mistúranse no entroido de Muxía.
  • 2017: Fisterra abre as bases do Concurso de Comparsas do Entroido máis tradicional.
  • Novas relacionadas

    Máis novas

    Fonte

    Comentarios