Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O TXSG desestima o recurso electoral do BNG de Fisterra e Traba xa pode ser investido como alcalde

O TXSG desestima o recurso electoral do BNG de Fisterra e Traba xa pode ser investido como alcalde

Vén onte o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de emitir unha sentencia desfavorable contra os recursos electorais presentados polo BNG de Fisterra e polo PSOE de Carballo. Deste xeito, xa se poden realizar as sesións de investidura dos alcaldes José Manuel Traba, polo PP de Fisterra, e de Evencio Ferrero, polo BNG de Carballo.

En Fisterra o BNG denunciara irregularidades nunha das mesas que rexistrou máis votos que votantes. Varias cousas sucederan aquela noite do 22M, con un veciño que votou tras ter votado xa por correo, xente que non aparecía no censo por sorpresa, uns aos que deixaron votar e outros aos que non...
Dende o BNG e dende o PSOE tamén denunciaran a política de "carretaxe" do grupo de goberno, algo que dende o TXSG consideran que "carece de respaldo probatorio" xa que "resultaría preciso ofrecer un detalle de situaciones concretas y debidamente identificadas en que se revelasen, al menos, indicios para apreciar una situación de coacción o presión sobre el votante".

A sentencia indica que "so pretexto de unos vicios singulares potenciales de tres votos no puede derivarse la ineficacia de todos los restantes sufragios plenamente válidos".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios