luns. 12.05.2025
El tiempo

Obras que esquecen Proxectos

Obras que esquecen Proxectos
Igrexa Santa Maria das Areas Fisterra

A Igrexa de Santa María das Areas é un punto clave en Fisterra. Lugar por onde pasan milleiros de peregrinos e visitantes cada ano. Lugar onde se celebra o cumio da Festa de Interese Turístico do Cristo. Enclave fundamental para o, aprobado, Plan Director do Cabo Fisterra. Un Plan anunciado xa no 2008, con presentación oficial en Fisterra no 2009, e moito retraso. Para variar.

A Xunta vén de anunciar a 3ª remodelación da Igrexa na última década, cun orzamento de 400.000€, case todos proveñen de fondos Europeos, cos que xa van case que 750.000 investidos na súa conservación. O caso é que non se tiveron en conta as necesidades do Plan de César Portela, que prantexa este espazo como punto clave na ordenación de tráfico para a subida ao tráfico.

As obras de mellora e conservación da Igrexa, do século XII; centraranse no coidado das humidades.

Pero polo de pronto, o Plan do Cabo terá que esperar. Xa en 2012 anunciaran ata 2014 non ía comezar o proxecto; pero é que neste 2014 non temos nova algunha de cando van comezar os traballos.

Centro de intercambio

O Plan Director do Cabo Fisterra prantexa o espazo da Igrexa de Santa María das Areas como punto clave. Así, valora que o control do tráfico determínase a través de tres mecanismos:

  • Construción dun sistema de pequenos espazos para o aparcamiento, concentrados principalmente na contorna de Santa María Areas.
  • Establecemento dun servizo de transporte público (microbús), compoñendo un circuíto que se corresponde coa parte rodada do percorrido primario. O trazado panorámico de leste, permite que o transporte público chegue aos espazos estratéxicos. O circuíto ten o arranque igualmente no conxunto de Santamaría dás Areas, que compón a porta de acceso.
  • Restrición do tráfico rodado privado A FUNCIÓNS DE SERVIZO. Poderá accederse baixo especiais condicións ao Cemiterio Municipal e hospedaje do Semáforo.

Parece que todas estas actuacións teñen que esperar, como as do resto do Plan.

Máis información

Novas relacionadas

Recunchos da Costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios