1000 cousas que facer, e que non facer, no Plan Director do Cabo Fisterra


Nós diríamos que hai máis cousas que facer para ordenalo correctamente. Pero 1.000 actuacións xa son bastantes para o Plan Director do Cabo Fisterra, que vén de presentarse da man da Xunta 3 anos despois de facelo na vila do Cristo sen que se fixera apenas nada, máis que facer desaparecer os souvenirs asiáticos. O seu armadanzas, César Portela, autor do Cemiterio do Cabo Fisterra, fixo a presentación oficial deste chamado Parque Natural e Cultural Aberto, xunto co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad.
O Plan, que servirá para guiar as pautas de posta en valor, explotación turística e económica, e conservación do Cabo, conta cun orzamento total de 186.000 euros.
O que non se pode facer
Lamentamos en todo caso que non nos informen das liñas principais do Plan, se ben unha das liñas principais do Plan sinala o camiño por onde non debemos ir. O Plan implica a prohibición de construir en todo o promontorio. Algo perfectamente xustificado unha vez que 3 de 4 turistas que visitan a zona fano pola paisaxe.
Así, mentres non vaiamos sabendo cales son as liñas principais de actuación, polo menos non tomaremos decisións erróneas.
Iso si, entrementres, o Museo da Pesca do Castelo de San Xurxo, mantense pechado por falta de fontos...
Novas relacionadas
- 2009: Ideas no Plan Monte do Cabo Fisterra.
- Os peixes globo desaparecen do Cabo Fisterra.
- Parque Cultural Aberto no Cabo Fisterra.
- Ordenación económica do Cabo Fisterra.
- Necesidades do Camiño (II): Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra .
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
Recunchos da Costa
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Xunta.