Os maiores fisterráns percorreron os seus sendeiros cara a vida


Tivo lugar esta semana en Fisterra a clausura do Proxecto "Sendeiros cara á vida”. Foi un novidoso proxecto de envellecemento activo subvencionado pola Deputación da Coruña, que sacou a parte máis alegre de máis de 20 maiores da vila do Cristo. E non hai máis que verlles as caras para ver que o disfrutaron do lindo.
Na clausura asisitiron todas/os as/os participantes e fíxose entrega dun diploma por parte do Alcalde, José Manuel Traba Fernández. E despois da entrega de diplomas realizouse unha festa, con baile durante 3 horas onde todas e todos bailaron, zamparon os pinchos, e se deron o ata logo, pensando xa no vindeiro curso.

Exhibición de Patinaxe
Ademais, o Club Deportivo Costa da Morte en colaboración co Concello de Fisterra organizarán a Exhibición de Patinaxe “Costa da Morte”. Unha actividade que se realiza despois do éxito de fai dous anos en Camariñas, e o ano pasado en Baiñas e Muxia.
Este será o primeiro acto de clausura e terá lugar próximo venres 23 de maio, no pavillón polideportivo de Fisterra, a partir das 18:30h. Posteriormente o día 31 celebrarase en Carnota un segundo acto que servirá para poñer o punto final as escolas municipais de patinaxe que se levaron a cabo nos distintos concellos da comarca ó longo deste ano.
No acto participaran preto de 200 nenos e nenas de diferentes idades, entre 4 e 14 anos, dos concellos de Camariñas, Carnota, Fisterra, Muxía e Vimianzo.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- Os maiores tamén fan sendeirismo vital.
- 3 anos formando en materia dixital aos veciños de Fisterra.
- Os maiores de Fisterra recuperan o Casón na rede.
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos de Fátima Fernández.