Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Os mediadores patrimoniais actúan no conflicto da pintura da igrexa de Fisterra

Os mediadores patrimoniais actúan no conflicto da pintura da igrexa de Fisterra
Membros do CSIC e do INCIPIT mantiveron unha reunion coa asociacion de vecinos de Fisterra Membros do CSIC e do INCIPIT mantiveron unha reunión coa asociación de veciños de Fisterra. imaxe: Darío Gómez Valdomar Membros da asociación de Veciños de Fisnisterre vén de reunirse con membros do Centro Superior de Investigacións Científicas - CSIC - e do Instituto de Ciencias do Patrimonio - INCIPIT - para incorporar a figura do mediador patrimonial na súa protesta contra a pintura augamariña da igrexa patrimonial de Santa María da Areas. Os asistentes á reunión, entre os que había máis de trinta veciños e veciñas da vila, aprobaron a incorporación da figura do mediador patrimonial ao conflicto. Na xuntanza aprobáronse tamén os tres puntos que se incluirán nos informes técnicos do CSIC e INCIPIT que son:  revertir no encalado da igrexa e solucionar os problemas de filtrado de auga e humidades; establecer cauces para a información previa, a consulta e a participación cidadadá sobre as obras que se planifiquen no futuro e afecten aos bens patrimoniais de Fisterra; e revisar o plan director para que se inclúan ferramentas nas accións que se leven a cabo e se sometan ao escrutinio da cidadanía afectada. O conflicto xurde de pintar de cor augamariña os arcos de pedra do século XII 0 cal unha boa parte dos veciños e veciñas de Fisterra o consideran como “un atentado ao patrimonio”. Máis de 1.300 firmas e un informe técnico que indica que o encalado foi unha "decisión arbitraria e inútil" exixen a retirada desta pintura realizada dentro dun proxecto dirixido por César Portela.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios