Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra tamén apostan pola peatonalización do casco histórico

Os veciños de Fisterra tamén apostan pola peatonalización do casco histórico
A Rua Real de Fisterra Ata Google atopou coches mal aparcados na Rua Real de Fisterra

O propio alcalde nolo deixaba claro: ”Temos que peatonalizar Fisterra”. José Marcote sabe que, se ben son procesos algo complexos ao principio, sempre acaban sendo un éxito. E andan pensando como evitar danos colaterais, e facer o menor perxuizo aos veciños da zona.

Pero parece que os veciños están pola labor de dar un paso adiante, e recuperar o casco vello fisterrán para os peóns. Así o entendemos trala solicitude que vén de presentar no Concello o Presidente da Asociación de Veciños “Costa dá Morte”, José Fernando Carrillo Ugarte. Unha carta na que a entidade pide, expresamente, “a peatonalización da praza da Constitución e da rúa Real e determínese o horario para a circulación de vehículos de subministracións e limpeza, así como o paso daqueles usuarios que teñen que acceder ao garaxe da súa vivenda e isto, fundamentalmente, durante os meses de verán e nos días das principais festas da vila (Festas do Carmen e Semana Santa)”.

Entenden os veciños que en plena temporada turística, Fisterra necesita medidas para “apoiar o desenvolvemento turístico e a revitalizar unha das zonas máis típicas ou enxebres” da vila, como é o caso do casco antigo”. A realidade é que nos últimos anos, zonas como a praza da Constitución e a rúa Real, “sufriron unha constante perda de vitalidade como lugar de encontro, paseo, actividade comercial e servizos hostaleiros”, e a “praza da Constitución se converteu nun aparcadoiro permanente de vehículos, o que fai impracticable o paseo peonil por esta e o desfrute do lugar polos nenos”. Denuncian tamén que “o paseo e o tránsito peonil pola rúa Real se fai dificultoso, por non dicir perigoso, pola circulación de vehículos o que non alenta a apertura de novos comercios e locais do sector hostaleiro”.

Por iso, e sabendo que “a peatonalización dos cascos históricos doutros pobos e cidades se traduciu nunha revitalización e dinamización destes”, piden devolver o centro aos veciños, e quitarllo aos coches.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios