Martes. 17.09.2024
El tiempo

Piden aprobar dunha vez a ordenanza de regulación para as caravanas en Fisterra

Autocaravanas no Faro Fisterra agosto 2023
Autocaravanas no Faro Fisterra agosto 2023
Piden aprobar dunha vez a ordenanza de regulación para as caravanas en Fisterra

Chega o verán e volven vivirse as estampas de sempre, con ata 278 autocaravanas invadindo o fin da terra. E pasan os grupos de goberno e non se afronta a necesaria ordenación dos espazos.

Por iso, a Asociación de Veciños Costa da Morte lembra a “necesidade de aprobar unha ordenaza que permita a regulación dos aparcamento das Autocaravanas polos problemas que están a causar e ante a falta de aparcamento suficientes para toda clase de vehículos”. “Faise necesaria unha solución urxente”, asegura Fernando Carrillo, ante a aparición de autocaravanas en calquera lado, sen limitación de tempo, e mesmo baleirando os depósitos de augas residuais antes de marchar do lugar onde estiveron aparcados xerando moi malos cheiros, realizando un atentado sanitario e contra o medioambiente, o cal é lamentable, xa que existe no municipio unha área de autocaravanas para aparcar e para realizar a eliminación de augas residuais”.

Pon o exemplo da zona da Casa do Mar, que impide á veciñanza poder aparcar para visitar o médico, ou as zonas de praias, ateigadas de vehículos.

Mantemento do Monte Facho

A entidade veciñal pide tamén ao Concello facer as xestións pertinentes ante a Consellería do Medio Rural, Xefatura Territorial da Coruña, para que se procéda á reparación integral dos camiños do Monte do Cabo ou Monte Facho, en Fisterra. Faino debido a que nos pasados meses a maquinaria utilizada para diversas talas provocaron un desfalco en moitos camiños.

Máis novas

Comentarios