Por fin, un detido na Costa da Morte por causar incendios forestais
Non era sen tempo. Despois da terrible temporada de incendios do verán pasado, e cos bombeiros en loita, non é mala nova comezar coa detención dunha persoa por prenderlle lume ao monte. A pesar de que nos segue faltando políticas de prevención que leven traballadores a coidar o monte durante o inverno e a primavera, que os traballos de investigación policial dean froitos é positivo.
No día de onte, Axentes da Garda Civil do Seprona de Corcubión, xunto con Axentes Medioambientales do Distrito Forestal Número Cinco, Vimianzo, tras un mes de investigacións, lograron deter onte a un veciño da localidade de Sardiñeiro (Fisterra) como suposto autor de sete incendios forestais provocados en montes da localidade.
Os citados incendios tiveron lugar entre os días 11 de abril e 11 de maio, do presente ano, aínda que en todas as ocasións foron de escasa entidade grazas a que as condicións climáticas non foron do todo favorables para a propagación do lume.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Dous de Corcubión.
24 persoas imputadas ou detidas en Galicia
Ata o momento e no que vai de ano, a Garda Civil detivo ou imputou a 24 persoas por delito de incendio forestal. A provincia que máis detidos rexistrou foi Pontevedra con 10, Ourense 8, A Coruña 5 e finalmente Lugo con 1 detido.
Novas relacionadas
- 02-07-14: Os bombeiros seguen en loita.
- 14-04-14: A temporada de incendios arrinca antes da chegada da primavera en Muros.
- 15-09-13: Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?.
- 14-09-13: Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar.
- 14-09-13: O lume máis devastador chega ao Ézaro mentres o pobo se fractura.
- 13-09-13: Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións.
- 12-09-13: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- Hermanager Humor: O lume de ouro.
Fonte
- GC.