Martes. 16.07.2019
El tiempo

PSOE, PP e CG impiden que Fisterra se declare "Concello Libre de Eucaliptos"

PSOE, PP e CG impiden que Fisterra se declare "Concello Libre de Eucaliptos"

Foi onte un pleno completo en Fisterra. Aprobáronse varias modificacións, como a baixada das taxas para que os hostaleiros poidan reservar vía pública, ou unha nova modificación do eterno PXOM, para que nos núcleos rurais se poidan ampliar a edificación só para hoteis de 4 estrellas. Parece que pode estar, tras numerosos retrasos, para este verán.

Pero había dúas mocións, en clave medioambiental, que destapan a posición dos partidos. Á proposta da Asociación Boca de Sapo, o grupo de goberno presentaba unha moción para declarar o Concello de Fisterra “Libre de Eucaliptos”. Unha moción simbólica, como a que se aprobou xa en Carnota e Corcubión, para quitar os poucos “colitros” que hai en solo municipal e para seguir concienciando á poboación dos riscos do monocultivo nos nosos montes.

Pero a última hora, o PSOE, a pesar de que o alcalde lle asegurara á entidade nunha reunión previa que estaba a favor, decidiu retirar a moción da orde do día e “deixala enriba da mesa”. O BNG negouse e quixo presentala como BNG, polo que o pleno, despois da exposición de motivos de Kuka Sar, deixando patente que é unha declaración simbólica, e que hai leis moito máis importantes que esta declaración, procedeu á votación.

Quedou só o BNG a favor desta moción, a pesar que ata Xan García asegurou que é un gran defensor das autóctonas. PSOE, PP e CG votaron en contra, impedindo que Fisterra sexa o terceiro concello da zona que se declare “Libre de Eucaliptos”.

Praias con cans

Tamén se levaba ao pleno unha modificación de ordenanza municipais de praias, para abrir algún dos areais aos animais. Cos votos a favor de PSOE e BNG, e os votos en contra de CG e PP, aprobouse a moción que sinala que cada ano será o Concello o que decida que praias se deixan abertas aos animais. Así este ano, entre xuño e setembro, poderase levar os cans ñas praias de Mar de Fóra e Arnela, (Rostro non pode ser pola píllara das dunas).

En todo caso, a ordenanza municipal sobre como sacar os animais (con correa ou vozal no caso de razas potencialmente perigosas…) segue vixente.

Novas relacionadas

Comentarios