Luns. 22.04.2019
El tiempo

O PXOM de Fisterra terá que retirar a mámoa pantasma

O PXOM de Fisterra terá que retirar a mámoa pantasma
Finca onde hai catalogada unha mamoa en Fisterra Finca en Denle, Fisterra, onde hai que corrixir a presencia nos informes dunha mámoa A Mámoa pantasma de Fisterra queda niso, nunha pantasma. Asó o recoñecía nun escrito a Dirección Xeral de Patrimonio á familia afectada. Dende 1997 unha finca de labradío situada en Denle, da familia de Juan Francisco Martínez, “contiña”, teoricamente, unha mámoa, segundo un estudo realizado polo Plan Básico Autonómico da Xunta e polo Concello. Un estudo que incluía un erro, e que despois de moita loita, moito papeleo, conséguese corrixir. Deste xeito, co informe que tivo que pagar a familia, Patrimonio recoñece que hai un erro e informa o Concello de Fisterra para que proceda a corrixir a localización no PXOM. “Con este informe queda máis que claro que non se realizaron correctamente os traballos arqueolóxicos para a elaboración do PXOM, algo que é moi grave e a ter en conta. Tamén queda claro, que tanto o alcalde como o arquitecto encargado de elaborar o PXOM de Fisterra non asumiron a responsabilidade en ningún momento. Tal foi así, que tivemos que chegar ao momento de contratar nós a un arqueólogo para realizar os traballos que eles non fixeron cando correspondía”, denuncia Martínez. O alcalde José Marcote valora que “se Patrimonio que é o que determina os elementos catalogados, nós temos que correxila. No informe do PXOM métese esa modificación e non vai haber problema, de feito, non interrumpe os prazos para nada, porque xusto agora nos toca enviar de volta varias modificacións que temos que aprobar aínda no pleno”. Mentres séguense retrasando as datas de aprobación do PXOM, e non parece probable que saia a final de ano, como aseguraban en abril, superando xa os 18 anos dende o comezo da súa redacción. “A final de ano andaremos un pouco xusto, pode ser porque non debería levarnos moito máis tempo, pero é complicado meter datas porque sempre nos equivocamos. Se tardamos un mes máis ou un mes menos non é un gran problema”, apunta.

Que tipo de solo

A familia aproveitou para solicitar “a recalificación do terreo afectado por zona de protección integral debido á mámoa indicada debendo pasar ditas leiras a ser edificables xa que non hai ningún motivo que xustifique o contrario”. Pero Patrimonio fai mención á clasificación das parcelas afectadas dicindo que non é da súa competencia resolver o solicitado na reclamación. Loxicamente, a calificación do terreo é competencia do promotor do PXOM, o Concello, pero non parece probable que se leve a cabo a pesar da insistencia da familia.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-mamoa-fantasma-que-pode-chegar-a-retrasar-o-pxom-de-fisterra/ “A mámoa fantasma de Fisterra” — Que pasa na costa “O PXOM de Fisterra podería estar listo a final de ano… 17 anos despois” — Que pasa na costa

Comentarios