O Bela Fisterra reafírmase como aglutinador poético da Costa da Morte
- A Casa do Pescador acollerá este venres a presentación de 'A relixión do mar', de Xosé Iglesias, dentro da programación 'Nun mar de letras'. O aforo estará limitado e permitirase a entrada ata completarse as prazas.
Continúa o Hotel Bela Fisterra sitúandose como gran dinamizador cultural da comarca nestes tempos dixitais. A semana pasada era Xosé Iglesias o que abría o Ciclo de presentacións literarias “Infinito”, co seu álbum ilustrado cheo de poesía “Nación Mar”, que podedes ver aquí.
Mentres, o grupo da man de Pepe Formoso, segue desenvolvendo a homenaxe virtual aos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte, con vídeos como este de Roberto Traba Velay:
ACTO EXPANSIVO
E sen parada, o Hotel xa pensa na vindeira cita presencial en colaboraciñon co Ateneo Casino de Monforte: un Acto Expansivo polos 25 anos do pasamento de Lois Pereiro. A cita será este sábado 5 de xuño ás 12:30h no Hotel fisterrán, e estarán voces tan recoñecidas como as de María Lado, Ahinoa Conde, Rocío Blanco Formoso, Rafa Vilar, Alexandre nerium, Xosé Iglesias, Xaime Trillo, Estevo Creus ou Chisco Fdez. Naval.
NOVAS RELACIONADAS
- 2020: O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra .
- 2012: O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
ARTIGOS RELACIONADOS
- Miro Villar: A vinte anos da antoloxía “mar por medio”, unha ponte entre poetas cubanos de Holguín e poetas da Costa da Morte.
- Louzán: Lírica.
- 2017: Alex López: 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 2017: Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.