Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Roberto Traba presenta a súa novela na casa

CARTEL LIBRO ROBERTO traba velay
Roberto Traba presenta a súa novela na casa

Saía á rúa hai xusto un ano, pero non será ata este vindeiro venres 17 de decembro, cando Roberto Traba Velay presente na súa casa “Ola miña bonita”.

Vai ser no marco do completo programa de nadal municipal, cando a novela do Valente de Fisterra cobre aínda máis vida.

Falamos dunha novela autoeditada por este polifacético artista, alma fisterrá onde as haia, que se desenvolve durante a guerra contra os franceses aló polo 1809.

No acto, que será ás 19:30h no Salón de Actos do Concello, intervirán a concelleira Teresa Fdez., Mónica Góñez, Modesto Fraga e Gabriel Satti.

Novas relacionadas

Comentarios