Fisterra propón un Nadal de libros, obradoiros e teatro

Completísimo o Nadal que propón a Concellería de Cultura do Concello de Fisterra.
O venres 10 de decembro, a partir das 20:00h no salón de actos do Concello, arrinca o programa coa programación do documental “Outros Camiños”, da man de Rubén Ríos. Un documental que percorre 500km pola Ruta da Prata con Javichu, piloto con parálise cerebral de Discamino.
O sábado 11 toca pola mañá Obradoiro de Centro de Mesa en Sardiñeiro, e pola tarde, ás 19:00h teatro infantil con Tartaruga Manola (reserva de entradas en culturafisterra@gmail.com).
E para completar a finde, o domingo 12, teatro con “A Parábola do Angazo”, de Talía Teatro, a partir das 19:00h (reserva de entradas en culturafisterra@gmail.com).
Esa semana continúa a actividade con obradoiros de centros fde mesa en Fisterra, para que o venres 17 volvan as actividades culturais coa presentación do libro “Ola miña bonita”, de Roberto Traba Velay.
Para o domingo 19 queda a visita do Apalpador na vila.
Marta Lado presenta na casa o libro “ A pita Xefa” o 23 mentres que o 24 será tarde de Panxoliñas co Coro Nuestra Sra. do Carme no Centro de Maiores.
E por último, a tradciional cabalgata, xa o mércores 5 de xaneiro.