Sardiñeiro lamenta o pasamento de Juan José Canosa

Esta pasada noite, falecía de cancro, aos 65 anos, un home moi querido en Sardiñeiro. Juan José Canosa Redonda loitou durante moitos anos, a través da Asociación de Amigos do Porto, pola consecución do peirao, tras unha longa loita veciñal.
De familia de mar, estivo toda a vida andando ao polbo, coas súas embarcacións amarradas sempre no lugar, a pesar das problemáticas que conleva. Mesmo antes da consecución do peirao, gardaba a lancha no Rumbo, e ía bogando ata alí na chalana.
O pobo de Sardiñeiro, que o consideraba unha “persoa fundamental e moi importante”, lembran o seu esforzo na organización da procesión da Virxe do Carme, e na axuda que prestaba na igrexa.
Hoxe descansa no Tanatorio fisterrán, e será enterrado este xoves ás 17:00h no cemiterio de Sardiñeiro.