A Semana Santa de Fisterra sae en procesión

Unha das principais citas da Semana Santa da Costa da Morte xa está en marcha. Ademais da Mostra do Encaixe de Camariñas, a Mostra Víndemo Ver de Carnota ou a Festa do Congro de Muxía, a cita entográfica máis auténtica é a Semana Santa de Fisterra, declarada de Interese Turístico Galego, e que conta cunha implicación veciñal absoluta, estando máis de medio pobo involucrado dun ou doutro xeito. Unha celebración litúrxica que vén ademais ben maridada co verbeneo das Festas do Santo Cristo.
Este pasado sábado xa comezaron os actos relixiosos organizados pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra, co retiro de Cuaresma no Santuario do Santo Cristo, pero hoxe mesmo, martes 8 de abril, empezan as procesións coa da Señora das Dolores, despois da misa das 20:00h.
Os actos continúan o venres 11 coa procesoón das Dolores, acompañada pola Banda Municipal de Cee, e xa o sábado 12 haberá peregrinación ao Santísimo Cristo (cómpre anotarse na Xunta de Confrarías) para xa ter o sempre especial Domingo de Ramos.
Os actos principais serán os días santos da semana que vén, para rematar o Luns de Pascua.
Festas do Cristo
Esa mesma fin de semana, coincidindo co Sábado Santo, Domingo de Resurrección e Luns de Pascua, están preparadas as Festas do Santo Cristo.