Artesanía, tradición e cultura local para a Semana Santa Carnota na XII edición da feira ‘Víndemo Ver’

Unha das principais citas asentadas como obrigatorias Semana Santa da Costa da Morte xa está en marcha. Os días 17, 18, 19 e 20 de abril, a praza de San Gregorio de Carnota acollerá a XII edición da Mostra Víndemo Ver “Mercado da Deputación”.
Hai un par de anos que o Concello de Carnota aposta pola tematización do Víndemo Ver, recuperando parte da historia do municipio. Aquel primeiro ano o evento xirou ao redor das leiteiras que ían vender o leite a Muros; a seguinte edición tiña como tema principal o millo; no 2024 a feira artellouse arredor da pesca e o procesamento da sardiña e este 2025 o mar de ardora será o protagonista.
Os días 17, 18, 19 e 20 de abril, a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores e creadoras locais, dentro do “Mercado da Deputación”. Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.
Coma en edicións anteriores, a mostra compleméntase cunha ampla oferta de actividades culturais, deportivas e recreativas para todos os públicos.
O evento dará comezo o xoves 17, ás 17:00 h, co acto de inauguración e unha charla-coloquio sobre o mar de ardora no salón de plenos do Concello, da man de Ana García (fotoperiodista de La Voz de Galicia), Francisco Rodríguez Hernández (investigador no Centro Oceanográfico de Vigo) e Julio Canosa Marcote (de embarcación Fish-Terra).
Música
Son varios os concertos preparados:
As probas deportivas
O venres 18 de abril será a XII BTT, con saída ás 09:30 h dende o pavillón de Carnota. As inscricións permanecerán abertas en cronotec.es dende o 24 de marzo ao 15 de abril.
Paralela a XII Ruta BTT, terá lugar unha mini Btt de aproximadamente 5km para a rapazada que queira seguir os pasos dos grandes ciclistas e, ademais, a IV Xincana de bicicletas infantil que estará instalada no pavillón de Carnota dende ás 10:00h ata ás 13:00 h. Non esquezades traer a vosa propia bicicleta e o voso casco.
Como xa vén sendo habitual, a programación inclúe unha andaina temática. A ruta elixida este ano é “Andar ao mar”, que transcorre dende o faro de Lariño ata Carnota, cun percorrido lineal de arredor de 13 km. Será o sábado 19 de abril e a saída terá lugar ás 09:30 h, dende a praza San Gregorio de Carnota. O traslado ata o punto de inicio da ruta realizarase en bus e o percorrido transcorrerá na súa gran maioría por beiramar e por antigos camiños de andar ao mar. As inscricións poderán realizarse en cronotec.es dende o 24 de marzo ao 15 de abril.
Máis novas do Víndemo Ver