mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha nova Festa do Congro

Cartel festa do Congro Muxia 2025
Unha nova Festa do Congro

Gracias á frescura da mocidade muxiá, a XXVII Festa do Congro de Muxía chega moi renovada abrindo ademais o proxecto “Muxía Cultural”, lanzado entre o Concello de Muxía e a cooperativa cultural Horta Creativa. Xa só o cartel dá conta da intención de reafirmarse como cita imperdible da Semana Santa da Costa da Morte baseándose en dúas cousas que non fallan: a gastronomía e a música.

Así, os días 18 e 19 de abril haberá degustación de congro e música en vivo no porto muxián.

O congro será o gran protagonista desta festa que se celebra dende 1997, e que pon en valor un produto singular, chegado á Muxía no século XV, convertido xa en patrimonio cultural da vila ao igual que os secadoiros de congro, e mantendo ademais unha singular relación con Calatayud.

A carpa situada no porto ofrecerá o sábado degustación do congro nas súas diferentes variantes: en empanada, á plancha, en salpicón… O xantar terá un prezo de 5 euros e poderase degustar o congro nas súas diferentes elaboracións: á plancha, en empanada de millo ou trigo, e en salpicón. Incluirá unha cunca de viño. Será a partir das 13:00 horas, e estará amenizado coa música tradicional das Abaladeiras.

Á noite Muxía encherase de música cos concertos de Catuxa Salom e Os Bugis. Será no Malecón ás 22:00 horas, e promete ser unha velada moi animada.

A celebración continuará o sábado 19 coa degustación de mexillón ás 13:00 horas no Paseo Marítimo. Estará amenizada polo folk dos Xaramiños do Corpiño.
Á tardiña a festa seguirá cos Cantos de Taberna polos bares de Muxía. Do Ribés, Nin Chica nin Patacón e Os Queloutros serán os encargados de animar o ambiente entre as 20:00 a 23:00 horas e poñer o peche á XXVII Festa do Congro.

Artigos sobre os secadoiros de congro

Comentarios