A Semana Santa de Fisterra xa ten cartel que mira ao futuro
20:04 20/02/22
Volve, por fin, a Semana Santa de Fisterra. A Xunta de Confrarías presentaba está fin de semana o cartel e o programa. Un cartel que quixo representar varios aspectos que son importantes na Semana Santa Fisterrá.
2 elementos que podemos apreciar no cartel son as Confrarías da Semana Santa de Fisterra. Gran parte da Semana Santa está formada por eles, polos portadores e penitentes das 5 Confrarías e irmandades que componen a Semana Santa de Fisterra. "Quixemos representalo cun elemento característico de cada Confrarías", explicaron.
Como podemos apreciar no cartel a Confraría do Divino Nazareno e Santo Sepulcro está representado polo cartel de INRI e a corona de espiños, a Confraría de Nosa Señora das Dores polo corazón cas sete espadas que a Virxe leva no seu peito, a Confraría de San Xoan está reprensentada cos libros do evanxeo, a irmandade da Santa Cruz co Santo Sudario e a Confraría da Verónica co paño co cal a Santa Verónica limpa o rostro a Xesus Nazareno.
Outro dato importante é que os elixidos para representar este cartel fosen rapaces. Son rapaces que forman parte das Confrarías e son o futuro da Semana Santa de Fisterra. "En Fisterra o feito de pertenecer a unha confraría vai dende pequeno e é algo que pasa de xeración en xeración polo que queríamos representar o futuro que ten a Semana Santa de Fisterra".
O terceiro elemento, e o máis importante e que este cartel encadrase na fachada da Igrexa de Santa María das Areas onde está a Porta Santa, a Porta do Perdón. "Temos que recordar que só 4 portas do perdón son as que nos podemos encontrar no camino de Santiago e unha delas é a de Fisterra que xa era lugar de peregrinación antes da cristianización do camino de Santiago sendo o final do Camiño das Estrelas. Este ano sendo ano Xacobeo non podía faltar a a porta do perdón de Fisterra neste cartel da Semana Santa de Fisterra".
Os actos consérvanse os de todos os anos aínda que con algunhas modificacións, xa que o Santo Encontro este ano comenzará as 12 da mañá, non as 11 como viña comenzando ata agora, estará exposto o Santísimo na Ingresa Parroquial dende o Xoves Santo ata o Venres Santo ao mediodía e o sábado pola maña farase un acto na Igrexa de Adoración ao Santo Sepulcro e os 7 dores de Santa María, que xa se dixo o ano
pasado e despertou moito interese.