Recunchos da Costa: Cabo Fisterra

Outro dos recunchos que faltaba, por evidente (xa sabedes que nesta sección gústannos máis os segredos) é o Cabo Fisterra. A fin da terra, o km.0 do Camiño Fisterra-Muxía, o espazo onde o solpor fai maxia e onde os cantís achegan o Atlántico máis auténtico.
Un espazo natural algo mallado pola sobreexposición turística, pero que segue tendo un impacto moi simbólico en cada visitante.
O Faro orixinal é de 1853, completado medio século despois coa Vaca, ese bronco son que guiaba ás embarcacións nos tantos días de néboa que asolagan a ría de Corcubión, e que tanto botamos de menos.
Ao carón do edificio do Faro, temos o Semáforo, construído en 1879 para dar sinais á marina de guerra e hoxe exemplo da reconversión do patrimonio marítimo nun hotel de máxima calidade.
A subida ao Faro debe facerse camiñando, dende a Igrexa de Santa María das Areas. Se hai tempo, facer parada no Conxunto etnográfico San Guillerme, preto do no cumio do Monte Facho, do Monte Nerio, que forma a silueta máis máxica de toda a comarca.



Como chegar
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- Cabo Touriñán.
- Praia do Lago.
- A Mexadoira.
- A praia do Rostro.
- Lires.
- Área recreativa de Pedra Vixía.
- A ruta dos Pinos no mar.
- A ruta das pegadas do río Bradoso.
- O Miradoiro de Cereixo
- Pedra da Arca
- Arca da Piosa.
- Pedra da lebre
- Dolmen de Pedra Moura.
- Pedra Cuberta.
- A Casota de Freans.
- San Fins do Castro.
- As lagoas das antigas minas de caolín de Vimianzo.
- A Lagoa das Xalfas.
- As Caldeiras do Castro.
- A Carballeira de Baio.
- O Faro Lariño.
- A praia de Barizo.
- Os Petróglifos da Fieiteira.
- Pedra da Serpe.
- As dunas da Barra.
- Caión.
- O Monte Branco.
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira de Ardeleiro.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.