Venres. 19.04.2024
El tiempo

Turnes & Casquero lanzan "Fidelio 85", o seu novo disco

Turnes e Casquero
Turnes & Casquero lanzan "Fidelio 85", o seu novo disco

Temos a sorte de ter gozado da Bakin’Blues Band ao completo ducias de veces na Costa da Morte. A banda do mestre Javier Turnes, afincado durante anos en Sardiñeiro e director do Fisterra Blues Experience, ten acollido a nosa bisbarra como o seu espazo de creación e residencia.

Estes anos, como dueto, Turnes e Ale Casquero, un verdadeiro prodixio ao teclado, levan percorrido salas de todo o país, tendo ademais unha residencia no club compostelán “A Borriquita de Belem”. Pasaron tamén por festivais de todo o estado, e tocado con estrellas como Fernando Beiztegui, Mingo Balaguer, Emilio Arsuaga, Edu Manazas, GregIzor, TrudyLynn, Steve Krase, Barbara Lynn…

Agora veñen de gravar este “Fidelio 85, Live at the Borriquita de Belem”, no que “a súa intensidade, a súa desnudez, a súa alegría, a súa rabia e a súa tenrura. Fundamentalmente dedícanse a interpretar e compoñer cancións que beben da cálida corrente do blues, o soul e o gospel. Pero non teñen reparos en afrontar unha balada de Nat King Cole ou de Tom Waits.

Disfrútao e se queres, podes facerte cun exemplar neste formulario:

Comentarios