A experiencia Blues afiánzase na fin da terra
23:00 17/06/18
Os concertos no barco son unhas das actividades máis singulares do Fisterra Blues Experience
Gran satisfacción en Fisterra polo paso importante que vén de dar o festival Fisterra Blues Experiencie de cara a súa consolidación, demostrando que hai cabida para todo na vila do Cristo. A proposta de fundir o blues co mar (os escenarios estiveron máis prteo do mar) funcionou e permitiu que houbese máis asistencia non só aos concertos nocturnos, senón tamén a todas as actividades paralelas.
Son todas estas actividades as que fan deste festival un caso especial, que pretende afianzarse no panorama estatal. Funcionaron moi ben os obradoiros, os concertos do Blues na Escola, os pasarrúas en clave de blues cos Brigadiers, a conferencia no Museo, e tamén os concertos en barco, unha das propostas que fan máis singulares este Experience. E se vir a Fisterra xa é toda unha experiencia, a golpe de blues convírtese nunha auténtica vivenza.
Se ben o festival nace para atraer xente, e a realidade é que os establecimentos estiveron cheos durante toda a fin de semana (houbo xente chegada de toda Galicia), ademais nótase que a veciñanza participa cada vez máis nas actividades, que son pensadas para toda a familia.
Deste xeito, a segunda edición do festival permite dicir con esperanza que xa está afianzado, e de feito, o grupo de goberno, aínda que haia eleccións o vindeiro maio, vai deixar todo preparado para a súa terceira edición.
The Lakazáns en Fisterra
Correy Harris
O cabeza de cartel Corey Harris gustoulle a todo o mundo, e demostrou o seu compromiso social con varias mensaxes políticos, falando de Irán, Siria, Mali… moi conectado coa problemática e mesmo falou de Trump a pesar de que a maioría da Praza da Constitución (que tiña boa acollida pero non estaba completamente petada) non entendeu as súas premisas. Falou a música. https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/862389083958984/?t=1Alejandro Vargas
Outro dos que máis gustou foi Alejandro Vargas. https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/862357383962154/?t=3Os Residentes no Peirao
Así tocaron os Fisterra House Band, a banda residente, no peirao. https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/862071937324032/?t=3Domingo no Semáforo
Espectacular, todos coinciden con que o fin de festa dominical no Semáforo foi impresionante. Carla Green arrasou facendo bailar a todo o mundo ante unha terraza completamente petada de ánimo e alegría. https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/863066067224619/?t=3Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-blues-tamen-chega-as-escolas/ https://quepasanacosta.gal/fisterra-blues-experience/ https://quepasanacosta.gal/fisterra-subiuse-a-bordo-do-blues/- Gala 2017: Fisterra subiuse a bordo do Blues.
- Fran Velo, The Lákazans: “É moi importante que haxa festivais de blues na rúa, abertos a todo o mundo”.
- Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”.
- Alex López: Muiñeira triste de Fisterra Blues.
- O Fisterra Blues Experience traerá á fin da terra os sons máis auténticos do Atlántico.
- Entrevista en QPC: As Bondades da Fala: Un filósofo na fin da terra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).