Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Un novo Premio Nóbel que coñece a fin da terra con Jorge Mira

Un novo Premio Nóbel que coñece a fin da terra con Jorge Mira
Eric Cornell Premio Nobel de Fisica no Cabo Fisterra

Xa é un clásico. Cando un Premio Nobel se achega por Galicia da man do Programa Conciencia e gracias a o divulgador científico baiés Jorge Mira, toca visita costeira. Non foi menos Eric Cornell, o Nobel de Física en 2001 que aproveitando a súa visita a USC, puido achegarse a disfrutar da nosa fin da terra.

Cornell disfrutou das vistas de Cabo Fisterra, estivo na romaría da Virxe da Barca (Muxía) e, ao final da tarde, na fervenza do Ézaro (Dumbría), aínda non arrasada polas lapas. Tivo tempo tamén a parar , de camiño a Compostela na ponte romana de Brandomil (concello de Zas).

Eric Cornell Premio Nobel de Fisica e Jorge Mira na ponte de Brandomil

Cornell, profesor na Universidade estadounidense de Colorado Boulder, conseguiu o Nobel en 2001 “por acadar condensación de Bose-Einstein en gases diluídos de átomos alcalinos e polos primeiros estudos fundamentais das propiedades de ditos condensados".
Eric Cornell pronuncia este martes a conferencia divulgativa ‘Folgazán vs. descoidado: a historia épica da enerxía, entropía, temperatura, o último destino do universo e o rol do supernatural’.

Pero esto xa é cousa de académicos, que aquí o que nos interesa é o asunto máis turístico e persoal.

Fonre

Comentarios