![homenaxe-carballo-arasolis-1-jpg]()
Dende o pasado 27 de agosto,
un pequeno carballo crece a carón da Ermida de San Guillerme. E crece enriba das cinzas dun home que falecía de forma súbita, sen agardalo.
Santiago Baroña vivíu de preto a morte de dous amigos moi cercanos en apenas uns días. No sepelio do primeiro, Santiago falaba cun amigo e a súa muller, quen, falando e falando, contaban como lles gustaría descansar eternamente. Tres días máis tarde, falecía este segundo compañeiro.
Santiago era case irmán con un dos falecidos e teñen unha historia en común moi bonita. Un bo día decidiron percorrer o Camiño de Santiago durante unha semana, para tentar escapar da gran cidade e dos problemas de saúde que os acosaban. E
o Camiño foi moi especial para ambos. Uniunos se cabe máis e xa se consideraban irmáns de feito.
Tanto, que tras un novo achaque de saúde de Santiago, decidiron facer por segunda vez o Camiño pola Ruta da Plata.
A súa idea era a de ir sós para rematar no Finisterre, era o seu soño. Pero non puido ser e o desexo ficou niso, pois foron en grupo e non chegaron ata a Fin do Camiño.
Pero, como nos conta o propio Santiago, "o destino é caprichoso. A uns ameázanos ea outros os esnaquiza". E reflexiona deste xeito porque sendo el mesmo o que sofre diferentes problemas de saúde, foi o seu compañeiro, o seu amigo, o seu irmán, o que facía de morte súbita. Con 49 anos un, tres días máis tarde, con 44 o outro compañeiro e amigo.
Santiago artellou unha viaxe ata Finisterre coa muller do segundo para facer a súa homenaxe aos finados. E agora
F.J. sobrevivirá sempre no Ara Solis, ao carón das Pedras Santas, no Finisterre. E sobrevivirá en forma de carballo.
Seguimento dende Fisterra
A prantación do carballo tamén tivo a súa historia. A expedición, formada polo Santiago, o astrólogo Carlos Descalzo e unha amiga, encontrouse con
Xusto Gómez, fisterrán e colaborador nesta casa, na fonte de Cabanas. Xusto quedou namorado desta historia e despois de achegalos ata as pedras santas,
prometeulles que faría un seguimento de como crece este carballo con alma de home.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
- Fotografía e información de Xusto Gómez.