![CARTEL PRESENTACIÓN GIN SEA]()
O Boulevard Lounge de Fisterra acollerá este venres, 7 de setembro,
a presentación de Gin Sea, unha xenebra de alta calidade, froito do traballo do dumbriés Manuel Barrientos. O destilado xa está a cotizar na xeografía galega e española.
Gin Sea é unha xenebra con raíces galegas, da que Manuel Barrientos, experimentado sumiller e natural de Dumbría, é creador e propietario. O acto de presentación dará comezo ás 22:00h e contará cunha sesión musical en clave de chill out a cargo de Fer Dj e Brais The Nice.
A historia de Gin Sea
Gin Sea é un producto participado por máis de cen persoas, e que se desenvolveu baixo a dirección de Barrientos. As orixes xurdiron ademáis de en Dumbría, en Londres, onde se realizou a destilación a partir do alcol de gran procedente da cidade do Támesis. Un alcol de moita pureza e totalmente neutro, para rematar o proceso de maceración botánica por separado nunha pequena destilería do lugar alavés de Amurrio. A destilación final faise nun alambique de cobre de 1890, un dos máis antigos de Europa e que supón unha boa axuda para o resultado final.
A característica fundamental de Gin Sea é o equilibrio que aportan os dez compoñentes, seleccionados rigurosamente, e que dan como resultado final un gin con carácter, versatilidade, e de altísima calidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).